-
Deputación de Pontevedra
Como entidade promotora do proxecto LIFE + Viñas Atlánticas a Deputación de Pontevedra pretende ser pioneira na posta en marcha, no seu territorio, de medidas tendentes a garantir a mellora do medio ambiente e a estender o uso do cultivo sostible.
Ademais de asumir a coordinación xeral do proxecto participa activamente en determinadas accións, contando con persoal propio dedicado exclusivamente a coordinar, desenvolver e dirixir as ditas accións.
-
Adega Martín Códax S.A
Fundada en 1986 por un grupo de viticultores. Establecida en Cambados ("Val do Salnés"), a adega eríxese como punto de referencia da Denominación de Orixe Rías Baixas.
A empresa aplica unha operativa eficaz que permite liderar e xerar unha constante expansión no ámbito internacional, anticipándose rapidamente ás tendencias e esixencias que impoñen os mercados actuais.
-
Adega e viñedos Paco&Lola
Cooperativa fundada en 2005, aglutina 431 socios que suman máis de 200 hectáreas de viñedo propio situado na zona do "Val do Salnés" e que forman a terceira cooperativa máis grande de Galicia.
-
Adega Condes de Albarei
Naceu en 1988 e elabora viños de recoñecida calidade con uva albariño, unha variedade de grande expresión aromática e longa tradición de cultivo no Val do Salnés. Os seus albariños son dos máis prezados e vendidos do mundo.
Agrupa a preto de 400 viticultores e os seus cultivos abranguen a máis de 300 hectáreas de viñedos, cunha produción anual media de 1,5 millóns de botellas.