ACCESO VITICULTOR / TÉCNICOS

Adega e viñedos Paco&Lola

Adega e viñedos Paco&Lola

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

Adega e viñedos Paco&Lola intégrase no proxecto Life + Atlantic Vineyards seguindo a liña de traballo levada a cabo desde o noso nacemento. Con este proxecto pretendemos minimizar, na medida do posible, o impacto ambiental xerado como consecuencia da produción vitícola, vinculándoo directamente a un mellor e máis obxectivo e/ou localizado control das pragas e enfermidades.

Adega e viñedos Paco&Lola conta actualmente con 431 socios e reúne 201 ha de viñedo, que se converten anualmente en 2,5 millóns de botellas de albariño.

A nosa bodega creouse no ano 2005 pola iniciativa dun grupo de viticultores e produtores de viño da comarca do Salnés, que consideraron oportuno crear unha cooperativa para sacarlles máis partido ós seus cultivos e profesionalizaren a produción.

A cooperativa denominouse Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana e, actualmente, conta con arredor de 430 socios, converténdose na máis importante na D. O. Rías Baixas polo que se refire a número de socios.

A nosa bodega conta, aproximadamente, con 200 ha de viñedo propio repartidas en máis de 1800 parcelas características do minifundio galego. A súa diversidade no tocante a tamaño, tipo de chan ou situación é o que nos permite contar cun coupage único da variedade albariño.

A recente creación da bodega permitiunos dotar as nosas instalacións da última tecnoloxía aplicada ó mundo do viño; esta tecnoloxía, xunto coa experiencia do noso enólogo e dos nosos viticultores, permitiunos explotar ó máximo as posibilidades da uva, garantindo un magnífico resultado anada tras anada.

Somos unha bodega nova e moderna que aposta por un modo de facer viño diferente. Esta aposta por presentacións arriscadas e pola creación de marcas globais supuxo un punto de inflexión na Denominación de Orixe. Os nosos viños teñen unha imaxe moi sofisticada e divertida que non se parece a ningunha outra.

Esta filosofía aplicámola non só no deseño das nosas botellas senón en todo o proceso de elaboración dos nosos viños, desde o viñedo ata o embotellado.

A calidade dos nosos produtos está garantida en todo momento. Xa nos viñedos o departamento de viticultura recoñece e controla todos os terreos; o control esténdese ata a comercialización.

O noso principal obxectivo é facermos produtos excepcionais para persoas excepcionais.

POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL

Desde o seu inicio, a Adega Paco&Lola apostou desde sempre por unha produción sostible, polo que xa desde o ano 2006 a produción está amparada baixo a certificación de Produción Integrada.