ACCESO VITICULTOR / TÉCNICOS

Obxectivos

Este proxecto nace cunha finalidade moi clara: a redución do uso dos fitosanitarios nos viñedos. Para alcanzar este fin global o proxecto establece unha serie de obxectivos específicos:

  • A creación dun "Sistema Integrado de Control para a Optimización Medioambiental" (S.I.C.O.M.), baseado nunha rede de estacións meteorolóxicas equipadas con sensores localizados nos viñedos da D. O. Rías Baixas, co obxectivo de limitar o uso de produtos químicos no viñedo ó estritamente necesario.

  • Demostrar que, empregando unha limitada cantidade de produtos químicos, é posible obter unha maior produción cuantitativa e cualitativa, o que significa mellorar o rendemento económico e reducir o risco medioambiental.

  • Difundir a necesidade de reducir o uso dos tratamentos con produtos químicos nos viñedos, como un valor engadido para as bodegas e para a poboación. Todas as accións do proxecto integraranse nun Sistema de Xestión Medioambiental e a súa adopción permitiralles ás bodegas continuar as accións do proxecto no tempo.

Os obxectivos anteriores non se poderían levar a cabo sen a debida formación, polo que este proxecto supón un plan formativo para os viticultores, co cal mellorarán a eficiencia dos tratamentos nos viñedos e nos métodos de agricultura sostible.