-
11/12/2013
"Viñas Atlánticas", entre os sete proxectos que compiten este ano polo XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
11/12/2013
"Viñas Atlánticas", entre os sete proxectos que compiten este ano polo XIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
O xurado do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural seleccionou un total de sete proxectos entre todos os presentados á XIV edición do certame, os cales competirán polo galardón, que se dará a coñecer o vindeiro 30 de decembro.
Nunha primeira fase o xurado fixo unha preselección entre os presentados e entre os que se atopa o proxecto “Life Viñas Atlánticas”.
A contía do premio, de 10.000 euros, converte esta convocatoria nunha das máis relevantes do sector. Ademais, este ano ofreceráselle á empresa gañadora a posibilidade de solicitar asesoramento e axuda para o desenvolvemento do proxecto.
- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
27/11/2013
A Deputación prevé estender o proxecto "Life Viñas Atlánticas" a todas as subzonas da provincia
27/11/2013
A Deputación prevé estender o proxecto "Life Viñas Atlánticas" a todas as subzonas da provincia
Demostrar a necesidade e a viabilidade da produción sustentable de viño na Denominación de Orixe Rías Baixas, logrando minimizar o uso de produtos químicos nunha zona de clima atlántico que favorece a proliferación de varios tipos de fungos. Este é o obxectivo do proxecto “Life Viñas Atlánticas”, que onte foi protagonista dunha xornada promovida pola institución provincial.
A Deputación de Pontevedra solicitará financiamento do programa “Life” da Unión Europea para pór en marcha unha segunda fase do proxecto “Viñas Atlánticas”, co obxectivo de estendelo a toda a provincia e darlle servizo a todos os produtores das cinco subzonas da D. O. Rías Baixas. A primeira, por agora, só se desenvolveu na do Salnés, mais foi todo un éxito. Os 450 viticultores que utilizaron este sistema de predición do risco de enfermidades da uva lograron reducir o uso de fitosanitarios entre un 15 e un 20% na campaña de 2012 e espérase que na deste ano a cifra se supere sensiblemente.
-
16/10/2013
Abren as ferramentas de control en liña de "Viñas Atlánticas" a todos os viticultores
16/10/2013
Abren as ferramentas de control en liña de "Viñas Atlánticas" a todos os viticultores
A Deputación de Pontevedra democratizou o acceso ás ferramentas en liña do programa “Viñas Atlánticas” a todos os viticultores interesados, sexan ou non profesionais.
Con esta acción todos os colleiteiros interesados poderán ter acceso a unha detallada predición meteorolóxica, a tres días vista, desagregada por horas e baseada na rede de estacións locais coordinada entre a Deputación e Meteogalicia; ademais de a un indicador do risco de mildiu para a uva, actualizado en tempo real e para diversas zonas específicas.
Este índice, que abarca o sur do Salnés, o centro, o leste e a área de Soutomaior, móstrase a través dunha escala de cores.
O servizo, totalmente gratuíto para os usuarios, está á súa disposición a través da páxina web vinasatlanticas.depo.es, na sección “Acceso á aplicación”. Para darse de alta e poder empezar a gozar desta web só será necesario facilitar unha dirección válida de correo electrónico e seleccionar a provincia e o concello ó que se pertence.
Toda a información achegada a través desta aplicación complétase cos boletíns informativos que emite a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, ademais dos que publica a Consellería do Medio Rural e do Mar, todos eles dispoñibles, ademais, desde o mesmo sitio web.
-
22/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
21/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
20/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
15/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
14/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
13/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados