-
01/08/2013
"Viñas Atlánticas" estará presente na LXI Festa do Albariño
01/08/2013
"Viñas Atlánticas" estará presente na LXI Festa do Albariño
Participación na LXI Festa do Albariño do proxecto “Viñas Atlánticas” desenvolvido pola Deputación de Pontevedra (con fondos europeos do programa “Life”), coas adegas Condes de Albarei, Martín Códax e Paco & Lola e destinado a reducir o uso de produtos fitosanitarios nas viñas.
- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
24/07/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
24/07/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Boletín do estado actual do Mildiu no SalnésRisco a curto prazo:Durante a fin de semana pasada ata o día de hoxe, seguiron presentes as brétemas nocturnas e matinais que provocaron humectación foliar, podendo favorecer esta situación as contaminacións por mildiu en determinadas parcelas.Cabe destacar a ausencia de novos síntomas tanto de mildiu como de oídio, no que levamos de semana.Risco a medio prazo:Para os próximos días as previsións apuntan a que teremos un empeoramento do tempo cara o festivo do Apóstolo e o fin de semana, con posibilidade dalgunha choiva, e con temperaturas medias que comezaran a subir a partir do vindeiro martes.Estratexia xeral recomendada:Ante as condicións descritas anteriormente, recoméndase o seguimento dos viñedos para verificar o seu estado sanitario, confirmando a ausencia de mildiu e oídio, sobre todo en acio.No caso de atopar novos síntomas de mildiu ou oídio, recomendase renovar os tratamentos, preferentemente con produtos que teñan acción curativa.Nos viñedos que non se detecten síntomas, sería conveniente telos protexidos antes de que se produzan as choivas.Dado o estado fenolóxico no que se atopan as viñas, é recomendable facer esfollados, para favorecer a ventilación e insolación dos acios, contribuíndo así a evitar de maneira natural a entrada de fungos, e tamén a unha maior eficiencia dos tratamentos.No tocante a polilla do ácio, esta semana incrementouse o número de capturas en varias das trampas que temos dispostas nos viñedos de seguimento, pero non en todas, polo que hai zonas onde aínda non se chegou ó seu máximo de poboación, e polo tanto non sería necesario tratar aínda en ditas zonas.No caso de detectar penetracións nos acios, consultar cos técnicos.Un cordial saúdoPlataforma SICOM do Proxecto Viñas Atlánticas- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
19/07/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
19/07/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Risco a curto prazo:
A principios desta semana seguiron presentes as brétemas nocturnas e matinais que provocaron humectación foliar, podendo favorecer esta situación as contaminacións por mildiu en determinadas parcelas. Destacar a ausencia de novos síntomas tanto de mildiu como de oídio (“borralla”), salvo en casos moi puntuais.
Risco a medio prazo:
Para os próximos días as previsións apuntan a que se manterán as temperaturas actuais con presenza de brétemas, sen descartar a posibilidade dalgunha tormenta illada a inicios - mediados da vindeira semana.
Estratexia xeral recomendada:
Ante as condicións descritas anteriormente, recoméndase coma de costume, o seguimento periódico das viñas para confirmar o estado sanitario, confirmando principalmente a ausencia de mildiu e oídio (“borralla”).
No caso de atopar novos síntomas de mildiu ou oídio, recomendase renovar os tratamentos, preferentemente con produtos que teñan acción curativa.
Nos viñedos que non se detecten síntomas, pódese esperar a cumprir os 12-14 días para renovar os tratamentos.
No tocante a polilla do acio, nesta semana existe heteroxeneidade nos datos de capturas rexistrados nas parcelas de seguimento, que na sua meirande parte rexistraron un aumento de capturas, polo que na maioría das zonas aínda non chegaron ao seu máximo de poboación e polo tanto non sería necesario tratar .
No caso de detectar penetracións nos acios, consultar cos técnicos.
Un cordial saúdo
Plataforma SICOM do Proxecto Viñas Atlánticas- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
22/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
21/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
20/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
15/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
14/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
13/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados