-
21/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
21/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Risco a curto prazo:
Ao longo desta semana tivemos tempo seco e soleado, polo que non houbo condicións de infección de mildiu. Só se está a atopar algunha mancha nova puntual nas puntas dos brotes que aínda están en crecemento, e que quedaron desprotexidas da última aplicación.
De forma xeral non estamos a atopar ataques novos de mildiu nin en folla, nin en acio.
Risco a medio prazo:
No que queda de semana, a previsión é que baixen as temperaturas do mércores 21 de agosto ao sábado 24 de agosto, con posibilidade dalgunha precipitación illada para o xoves. Logo volverá a estabilidade meteorolóxica, con ventos de compoñente norte e temperaturas elevadas, polo que non é probable que se dean condicións de infección de mildiu.
Estratexia xeral recomendada:
Recoméndase visitar os viñedos para ver o estado sanitario das plantas e detectar a presenza de novos síntomas de mildiu.
No caso de atopar manchas novas de mildiu, recoméndase renovar os tratamentos anti-mildiu. Nos viñedos que non se detecten síntomas, poderíanse alongar os tratamentos ó máximo posible, sempre tendo en conta que a data límite para dar o último tratamento fitosanitario, e así cumprir os prazos de seguridade antes da recolección.
Aplicar produtos anti-mildiu, preferentemente formulados con cobre.
Outras pragas, enfermidades ou debilidade das plantas:
Mosquito verde:
Aínda que a poboación de mosquito verde nalgunhas parcelas é elevada, non sería preciso tratar se non se visualizan síntomas de ataque en folla (necrose ou queimadura no borde das follas).
Polilla do acio (Couza):
As capturas se atoparon trampas de seguimento a día de hoxe, son escasas ou nulas, dependendo da trampa que vexamos, polo que a día de hoxe non sería necesario tratar.
Se tratase para a semana que ven, sería necesario consultar con un técnico antes de realizar a aplicación, para ver se incrementaron as capturas e si sería necesario tratar contra a polilla.
Botrite:
Na actualidade non se están a detectar síntomas de botrite nas parcelas, polo que a día de hoxe non sería necesario tratar. En caso de dúbida, consultar con algún técnico.
Un cordial saúdo
Plataforma SICOM do Proxecto Viñas Atlánticas- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
09/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
09/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Risco a curto prazo:
O longo desta semana tivemos tempo inestable e precipitacións que favoreceron as condicións de infección de mildiu. Sen embargo, e de forma xeral, non estamos a encontrar ataques novos nas parcelas. En calquera caso, no estado fenolóxico en que nos encontramos, a uva xa é pouco sensible a posibles infeccións.
Risco a medio prazo:
A vindeira semana vaise a caracterizar pola estabilidade meteorolóxica, con ventos de compoñente norte e temperaturas elevadas, polo que non é probable que se dean condicións de infección de mildiu.
Estratexia xeral recomendada:
Recoméndase visitar os viñedos para detectar a presenza de novos síntomas. No caso de atopar manchas novas de mildiu recoméndase renovar os tratamentos anti-mildiu. Nos viñedos que non se detecten síntomas, poderíanse alargar os tratamentos o máximo posible.
Un cordial saúdo
Plataforma SICOM do Proxecto Viñas Atlánticas- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
01/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
01/08/2013
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Boletín do estado actual do Mildiu no Salnés
Risco a curto prazo:
Aínda que as choivas da pasada fin de semana, acompañadas de temperaturas suaves, puideran xerar condicións de infección de mildiu, a realidade é que nos últimos días non se visualizaron novos síntomas nas parcelas.
Risco a medio prazo:
Salvo na xornada de mañá venres e do próximo luns, nas que se anuncian posibilidade de lixeiras precipitacións, nos próximos días tódalas previsións apuntan a estabilidade no tempo, con ausencia de choivas e ascenso de temperaturas.
De cumprirse estas previsións, naquelas parcelas que cumpran os prazos máximos de protección dende o último tratamento (12-14 días), sería recomendable realizar un tratamento anti-mildiu con produtos de acción penetrante, preferentemente cobres, dado que as precipitacións puideran contribuír a un "lavado" dos produtos aplicados con anterioridade.
Estratexia xeral recomendada:
Aínda que o estado xeral das viñas ata o de agora é óptimo, é preciso extremar a vixilancia e visitar as parcelas para confirmar a ausencia de novos síntomas tanto de mildiu como de oídio ("borralla", "polvillo"), derivados das condicións climáticas dos últimos días.
Debido ao máis que probable lavado polas choivas, recomendase tratar o antes posible aqueles viñedos que estean con prazos de máis de 12-14 días.
Nos viñedos que presenten síntomas de mildiu recoméndase renovar tratamento inmediatamente.
Aplicar produtos anti-mildiu de acción penetrante, preferentemente formulados con cobre. Así mesmo acompañar o tratamento con xofre mollable ou anti-oidio sistémico.
Outras pragas ou enfermidades:
Mosquito verde:
Aínda que a poboación de mosquito verde nalgunhas parcelas é elevada, non sería preciso tratar se non se visualizaran síntomas de ataque en folla (necrose ou queimadura no borde das follas), dado que os produtos recomendados para esta praga teñen unha elevada eficiencia.
Botrite:
Están a aparecer en diferentes parcelas síntomas de botrite derivados da desecación do raspón, que posteriormente dan lugar a uvas botritizadas. En moitos casos, estes síntomas veñen provocados por desequilibrios ou carencias nutricionais da planta.
Así mesmo, tamén se están a localizar acios con uvas botritizadas debido a unha excesiva compactación do acio, que provoca desprendemento ou rotura de uvas, e como consecuencia desto, contaminación por botrite.
No caso de detectar síntomas coma os descritos anteriormente, recoméndase consultar cos técnicos.
Un cordial saúdo
Plataforma SICOM do Proxecto Viñas Atlánticas- Notas de Prensa
-
Fuente:
-
22/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
21/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
20/05/2013
Formación para socios da adega Paco & Lola
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
15/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
14/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados
-
13/05/2013
Formación para socios da adega Martín Códax
Centro Sociocultural "A Merced" en Cambados