ACCESO VITICULTOR / TÉCNICOS

Localización do proxecto

Este proxecto estase a desenvolver na bisbarra de O Salnés, na provincia de Pontevedra.

O Salnés constitúe un dos más importantes enclaves turísticos de Galicia, situado entre a ría de Arousa, ó norte, e a de Pontevedra, ó sur.

Localización

  • Comarca do Salnés
  • Socios do Proxecto

Vilagarcía de Arousa é o principal núcleo de poboación da comarca desde o punto de vista económico, aínda que toda a súa costa presenta un elevado dinamismo económico e demográfico con importantes núcleos de poboación como Cambados ou Sanxenxo, moitos dos seus municipios duplican os seus habitantes na época estival.

Desde o punto de vista topográfico conta cun val amplo e fértil, o do río Umia, que ocupa boa parte da comarca, delimitada por unha serie de rebordes montañosos de suaves pendentes e escasa altitude, entre os que destacan o monte Xiabre (641 m), ó norte, e o de Castrove (613 m), ó suroeste; ambos os dous constitúen excelentes miradoiros.

A súa costa é baixa e areosa, de praias tranquilas e recollidas, relacionadas na súa maior parte con complexos dunares de gran desenvolvemento como os da Lanzada.

Ábrense tamén extensas enseadas na desembocadura do Umia ou en Vilagarcía de Arousa, o que, pola súa condición de abrigo, favorece a localización de varios portos.

Outra peculiaridade da paisaxe é a presenza de numerosos illotes e illas como a de Arousa ou A Toxa, así como a península do Grove, que constitúe un magnífico exemplo de tómbolo, formado neste caso polo extenso areal da Lanzada.

O clima, o relevo litoral e a fertilidade das súas terras, entre outros moitos factores, converteron O Salnés nunha comarca rica e próspera baseada no aproveitamento dos recursos endóxenos, o que se traduce nunha economía diversificada, cunha dinámica demográfica de crecemento positivo e unha elevada densidade de poboación.

As importantes actividades pesqueira, industrial e turística constitúen os piares da súa economía, ás que hai que engadirlles a súa riqueza agrícola, cuxo máximo expoñente é o cultivo da vide, da que se elabora o prestixioso e afamado viño Albariño, baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Localizacion Europa Localización Europa Localizacion España Localización España Localizacion Galicia Localización Galicia Localizacion Pontevedra Localización Pontevedra Localizacion Parcelas Localización Parcelas