Descrición do proxecto
LIFE + Viñas Altánticas é un proxecto medioambiental que nace co obxectivo de demostrar a necesidade e a viabilidade da produción de viño “sostible” nos viñedos da D. O. Rías Baixas, minimizando o uso de produtos químicos nunha zona de clima atlántico, temperado e húmido que favorece o ataque de fungos como Mildiu, Oidium e Botrytis, entre outros.
O aspecto innovador do proxecto basease na implicación de todos os viticultores da área xeográfica de interese para minimizar a utilización de fitosanitarios, empregando diferentes técnicas e accións coordinadas dentro dun sistema de xestión medioambiental que se probará nos máis prestixiosos viñedos da D. O. Rías Baixas.
O proxecto LIFE + Viñas Atlánticas está subvencionado polo programa LIFE + Gobernanza y Medioambiente.
-
Acceso á aplicación
Este aplicativo ten como obxecto facilitarlle ó viticultor a loita contra pragas da vide, ademais nel poderán cargar os datos dos seus libros de explotación e así facer unha xestión máis eficiente das súas explotacións.
-
Programa Life
LIFE é o instrumento financeiro da UE que apoia proxectos de conservación do medio ambiente e a natureza en toda a UE.
-
Contacto
Deputación de Pontevedra
Pazo Diputación Provincial,
Avd. Montero Ríos s/n,
36071 Pontevedra
Tlf: 986 804 100
vinasatlanticas@depo.es