ACCESO VITICULTOR / TÉCNICOS

Adega Martín Códax

Adega Martín Códax S.A

QUÉ PRETENDEN CONSEGUIR

Martín Códax intégrase no proxecto Life + Atlantic Vineyards para establecer entre os seus viticultores sistemas de produción respectuosos co medio ambiente, facilitándolles información en tempo real do estado das pragas e das enfermidades do viñedo para, dese xeito, acadar un uso eficiente e sostible dos produtos fitosanitarios.

Martín Códax conta na actualidade con 270 socios e reúne unhas 260 ha de viñedo, o que se traduce anualmente en tres millóns de botellas de albariño. En 1985 nace Bodegas Martín Códax, tomando o nome do máis célebre trobador galego do que aínda se conservan as súas cantigas, as máis antigas do galaico-portugués, nas que se lles canta ó amor e ó mar que baña as nosas costas.

Desde entón creceu e evolucionou apoiando sempre á súa xente, á súa terra e á súa cultura; unha cultura que promove por máis de corenta países en todo o mundo. O proxecto comezou coa ilusión e o esforzo dun grupo de viticultores e hoxe en día é xa unha realidade; Bodegas Martín Códax converteuse en emblema dos viños galegos, fóra e dentro das nosas fronteiras.

Bodegas Martín Códax establece un diálogo e un nexo de unión coa sociedade do val do Salnés, onde se localizan as súas instalacións. Naceu grazas á idea dun grupo de viticultores feita por e para as persoas. Actualmente está formada por 270 socios e conta coa colaboración de 300 familias; a súa uva é a que nos abastece. Coma unha grande familia traballamos para que os nosos produtos teñan sempre a máxima calidade.

Bodegas Martín Códax está, ademais, intrinsecamente ligada á arte e á cultura xa que, desde os seus comezos, apoiou todo tipo de expresións culturais e artísticas, desde as máis tradicionais ás máis vangardistas dos últimos tempos, e levou a cultura galega a todos os recunchos do mundo onde Martín Códax está presente.

POLÍTICA MEDIOAMBIENTAL

Bodegas Martín Códax comprométese activamente co medio ambiente, buscando sempre a sostibilidade e reducindo ó máximo a súa pegada de carbono.

Precisamente os seus proxectos de i+D+i están encamiñados a reducir o impacto ambiental no campo da viticultura e a combater os efectos do cambio climático. Pero a sostibilidade é tamén un obxectivo a seguir para todo o capital humano que conforma a bodega, concienciando deste modo a todas as partes da empresa.